Xornadas REVITALIZA
Biorresiduos municipais, retornando ao agro: Co-compostaxe de residuos agro-gandeiros con municipais
- 20 e 21 de decembro de 2021
- Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra
- Programa
- Formulario de inscición
- As xornadas serán transmitidas en directo aberto vía streaming
A idea-forza das xornadas é a presentación polo medio dos seus propios actores, do pasado recente, do presente e do futuro inmediato esperábel para unha oportunidade tan innovadora como ven sendo esta da posta en valor das (evidentes) sinerxías entre as xestións dos biorresiduos municipais cos do agro (agricultura e gandería).
Dita idea-forza afinca os seus pes nunha evidencia, cal é a do fluxo constante de nutrintesesenciais (macro e micro) e da materia orgánica (MO) dende o agro até os concellos.
Faise evidente que dito fluxo é consubstancial á realidade das cousas… O que non resulta tan evidente é que teña que descorrer nese sentido único "Agro Concello" , cando o seu ancho de vía permite de abondo acollelo sentido de retorno "Concello Agro". Abrir ese dobre sentido desbloquearía o actual estatus quo, manifestamente ineficaz, ao abrir o refluxo natural dos nutrientes esenciais (macro e micro) y da materia orgánica (MO)dende os concellos até o agro.
OBXECTIVOS
- Promover o regreso dos nutrientes e a materia orgánica contidos nos biorresiduos municipais ao entorno inmediato agrícola e/ou gandeiro
- Propoñer os mecanismo técnicos e loxísticos que garantan a co-compostaxe eficiente de biorresiduos municipais con agro-gandeiros
- Obter constancia da "foto fixa" actual do "estado da arte" deste segmento a través dos seus propios protagonistas activos
- Poñer en interacción a todas as experiencias activas actuais neste campo
- Presentar os argumentos científicos/agronómicos que avalan a utilización do compost como substrato, emenda ou fertilizante natural e ecolóxico
- Presentar as experiencias que se están a xestar en diferentes lugares dentro deste ámbito
DIRIXIDO A
- Emprendedores/as, empresarios/as e autónomos/as interesados na economía circular e na mellora da xestión dos biorresiduos derivados da súa actividade agrícola ou gandeira
- Persoal técnico de distintas administracións locais vinculadas á planificación e xestión municipal
- Responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais
- Responsables da xestión e tratamento dos residuos procedentes da agricultura e gandaría
- Responsables das administracións provinciais e autonómicas
- Actores implicados na xestión dos biorresiduos en xeral
- Público interesado en xeral
INSCRICIÓN
- Prazas limitadas
- Imprescindible inscrición
- Formulario de inscición