Concellos

O Plan Revitaliza, iniciado en 2015, pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpran os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recollidos e aproveitados.

Nestes momentos hai 42 concellos adheridos ao Plan Revitaliza en diferentes fases. Seis deles están a traballar para implantar a compostaxe como modelo de xestión de lixo en todo o seu territorio xa de forma avanzada e outros sete acaban de dar o paso para a implantación global. O resto de municipios adheridos contan con centros de compostaxe comunitaria e composteiros individuais ou están en proceso de instalación.

En novembro de 2017 abriuse unha nova quenda de adhesión na que se incorporaron os concellos de Gondomar, A Illa de Arousa, Lalín, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas e Sanxenxo. Na última fase de adhesión de 2018 incorporáronse os concellos de Cerdedo-Cotobade, Covelo, A Guarda, Poio, Portas e Vila de Cruces, e decidiron dar o salto á implantación global A Illa de Arousa, Bueu, Cangas e Moaña (como mancomunidade), Poio, Ponteareas, Tomiño e Valga.

 

Pantalla Completa

 

FASES

Para poñer a andar o Plan Revitaliza a Deputación abriu unha serie de subvencións e liñas de axudas para os concellos.

FASE I. ETAPA DEMOSTRATIVA

A finais de 2015 a Deputación organizou unha viaxe a Navarra e ao País Vasco na que representantes dos concellos da provincia puideron coñecer como se aplicaba a compostaxe en municipios de características e dimensións moi similares ás súas. Este xerme foi fundamental para que os gobernos locais de Pontevedra se apuntasen á compostaxe.

A partir de aí iniciouse unha primeira fase do Plan Revitaliza que permitiu instalar nos concellos máis de 50 centros de compostaxe comunitaria demostrativos: o obxectivo era demostrarlle á veciñanza que a compostaxe tamén podía ser un éxito na provincia de Pontevedra. Abriuse para iso unha liña de subvencións na que participaron 21 concellos aos que a Deputación lles cedeu composteiros comunitarios que a día de hoxe funcionan perfectamente, cos parabéns de veciñas e veciños participantes.

Liñas de axuda á compostaxe comunitaria

Centro Príncipe Felipe. Proxecto piloto de compostaxe. 

FASE II. ADHESIÓN E COMPROMISO

Tras demostrar que a compostaxe dos biorresiduos nos concellos da provincia é perfectamente viable, a Deputación de Pontevedra iniciou unha nova fase para facilitarlles aos municipios a súa implantación como sistema global.

A segunda fase do Plan Revitaliza esixíalles aos concellos unha adhesión e compromiso formal para tratar a fracción orgánica do lixo mediante a compostaxe. Unha vez formalizada esta adhesión cada municipio puido beneficiarse de tres liñas de colaboración: formación do persoal, elaboración dun plan de residuos e subvención de compra de composteiros para os concellos que decidiran pasarse ao 100 % á compostaxe antes de 2020.

En xullo de 2017 adheríronse Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cuntis, O Grove, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Rodeiro, O Rosal, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

En novembro de 2017 abriuse unha nova quenda de adhesión na que se incorporaron os concellos de Gondomar, A Illa de Arousa, Lalín, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas e Sanxenxo. Está por resolver unha nova e última quenda de adhesión, actualmente en fase de valoración.

Axudas 2017

A liña de axudas económicas tivo en 2017 unha partida de 1.250.000 euros que permitiu subvencionar a compra de composteiros individuais e comunitarios para os concellos que apostaron por implantar de xeito global a compostaxe na totalidade do municipio (Vilaboa, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e O Grove) con achegas do 90 %.

 

Axudas 2018

A normativa europea establece que antes do ano 2020 é preciso preparar para reciclar e  reutilizar o 50 % dos residuos municipais e a próxima lei estatal obrigará a compostar ou recoller o 100 % dos biorresiduos, previsiblemente no ano 2020. Ante estas novidades a Deputación abriu unha nova liña de actuación en 2018, grazas á cal os concellos poderán aplicar a compostaxe de xeito gradual e/ou por zonas dentro dos seus municipios.

  • Económicas

As axudas económicas da nova convocatoria, aínda en fase de valoración, chegarán aos 2.000.000 euros e representarán o 65 % do gasto municipal.

  • Material

A Deputación está a repartir novos módulos de centros de compostaxe comunitaria (400) e tamén composteiros individuais (1.200) nos concellos adheridos. Tamén se prevé repartir composteiros de terraza ou balcón.

  • Persoal

A Deputación tamén subvenciona a contratación de persoal en réxime interino por execución de programa nos concellos para darlles servizo aos centros de compostaxe.

  • Elección de proxectos para o seguimento da compostaxe individual no ámbito territorial do concello de Pontevedra
  • O prazo para a presentación dos proxectos será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

  • Bases (BOPPO 03/12/2018)

  • Extractos da convocatoria (BOPPO 03/12/2018)

  • Formulario de solicitude

 

Axudas 2019

A Deputación tamén subvenciona a contratación de persoal en réxime interino por execución de programa nos concellos para darlles servizo aos centros de compostaxe.