Documentos e Audiovisuais  

Prensa  

Preguntas Frecuentes  

A compostaxe produce malos cheiros?

O proceso da compostaxe ten un cheiro característico e agradable que lembra ao do bosque húmido. Para que todo vaia correctamente dentro do composteiro os materiais deben estar ben mesturados.

Pode atraer animais molestos?

Se a compostaxe se fai correctamente, non atraerá animais indesexados. Poden aparecer moscas da froita ou formigas, o que indica que fai falta incorporar material seco ou non se mesturou o suficiente. A colocación da malla inferior evita, pola súa banda, a entrada de roedores.

É preciso regar o composteiro?

Dependendo do clima e a estacionalidade. Normalmente é suficiente co aporte dos restos orgánicos.

É precisa unha proporción axeitada dos restos que se depositan no compostador?

É importante mesturar os materiais húmidos e secos na mesma proporción, aínda que pode variar segundo o tipo de elementos orgánicos.

O compost que se obtén é apto para todo tipo de plantas?

Ao ser un produto totalmente natural pódese aplicar a calquera planta. Non debe pasarse a cantidade recomendada (20% de compost mesturado con terra nunha maceta e entre 0,5 e 4 quilos por metro cadrado nunha horta)

Que ocorre se unha tempada non se engade materia orgánica ao composteiro?

Pódese deixar un tempo sen atender e sen que ocorra nada. Pero é probable que xurda algún problema, como cheiros, moscas da froita ou que a materia estea seca e fría. Nos primeiros casos, basta con mesturar e engadir material seco. No último caso, hai que mesturar e engadir material húmido.

Pódese engadir terra ou turba ao composteiro?

Non. A compostaxe individual produce un compost de alta calidade. Será despois, cando o compost se use para plantar ou fertilizar, cando se mesture coa terra.

Pódese botar a herba na composteira como materia seca?

Si, pódese usar como materia seca se a herba seca e está convertida en ‘palla'. En cambio, se se bota herba recién cortada, debe considerarse materia húmida.

Convenios, Congresos, Investigación  

A Deputación ten asinados varios convenios con institucións, organismos e colectivos co fin de dar a coñecer a compostaxe entre a cidadanía e desenvolver liñas de investigación sobre o compost.

Convenio co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Asinado en marzo de 2016, ten como obxectivo pór en marcha o ‘Programa de educación, formación e divulgación. A xestión dos residuos na provincia de Pontevedra ", dirixido a todos os nenos e nenas de Primaria e Secundaria da provincia e ao seu profesorado. A intención do programa é coordinar obradoiros, charlas, exposicións itinerantes, información, blogs e celebrar un congreso escolar. Cabe a posibilidade que os centros educativos instalen os seus propios composteiros.

Convenio coa Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra . Foi asinado en outubro de 2016, e permite traballar de forma conxunta para investigar como rexenerar os solos do monte da Canicouva co compost da nova planta de compostaxe que se instalará no monte comunal da parroquia pontevedresa. Profesorado e doutoras e doutores da UVigo centrarán os seus estudos en buscar posibilidades de mellora do compost de menor calidade (denominado bioestabilizado) para atopar un aproveitamento con garantías nos usos forestais: o obxectivo é obter un recurso valioso do que a priori é un residuo e non se pode aproveitar.

Convenios con Amigos da Terra e Adega . A Deputación e as asociacións ecoloxistas colaboran para facer a formación das persoas usuarias de composteiros individuais nos concellos que están a aplicar a compostaxe como modelo de xestión. Estas asociaicóns tamén se encargan do seguimento dos composteiros nos domicilios durante un ano.

Normativa  

PXUGA: http://sirga.xunta.gal/plans-e-programas-sirga

Lei de residuos de Galicia: https://www.boe.es/buscar/pdf/2008/BOE-A-2008-19734-consolidado.pdf

Lei 22/2011 de residuos e solos contaminados: https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-13046-consolidado.pdf

PEMAR: http://www.mapama.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-estrategias/Planes-y-Programas.aspx

Programa Estatal de prevención de residuos: http://www.mapama.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-estrategias/Planes-y-Programas.aspx

Directiva 2008/98/CE de residuos: https://www.boe.es/doue/2008/312/L00003-00030.pdf

Paquete de economía circular UE:

https://ec.europa.eu/commission/priorities/jobs-growth-and-investment/towards-circular-economy_es#documents

http://eur-lex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:8a8ef5e8-99a0-11e5-b3b7-01aa75ed71a1.0011.02/DOC_1&format=PDF

http://eur-lex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:8a8ef5e8-99a0-11e5-b3b7-01aa75ed71a1.0011.02/DOC_2&format=PDF

https://ec.europa.eu/commission/publications/european-commission-proposals-circular-economy_es

Contacta