Xornadas REVITALIZA

Biorresiduos municipais, retornando ao agro: Co-compostaxe de residuos agro-gandeiros con municipais


  • 20 e 21 de decembro de 2021
  • Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra
  • Programa
  • Formulario de inscición
  • As xornadas serán transmitidas en directo aberto vía streaming

A idea-forza das xornadas é a presentación polo medio dos seus propios actores, do pasado recente, do presente e do futuro inmediato esperábel para unha oportunidade tan innovadora como ven sendo esta da posta en valor das (evidentes) sinerxías entre as xestións dos biorresiduos municipais cos do agro (agricultura e gandería).
Dita idea-forza afinca os seus pes nunha evidencia, cal é a do fluxo constante de nutrintesesenciais (macro e micro) e da materia orgánica (MO) dende o agro até os concellos.
Faise evidente que dito fluxo é consubstancial á realidade das cousas… O que non resulta tan evidente é que teña que descorrer nese sentido único "Agro Concello" , cando o seu ancho de vía permite de abondo acollelo sentido de retorno "Concello Agro". Abrir ese dobre sentido desbloquearía o actual estatus quo, manifestamente ineficaz, ao abrir o refluxo natural dos nutrientes esenciais (macro e micro) y da materia orgánica (MO)dende os concellos até o agro.

OBXECTIVOS

  • Promover o regreso dos nutrientes e a materia orgánica contidos nos biorresiduos municipais ao entorno inmediato agrícola e/ou gandeiro
  • Propoñer os mecanismo técnicos e loxísticos que garantan a co-compostaxe eficiente de biorresiduos municipais con agro-gandeiros
  • Obter constancia da "foto fixa" actual do "estado da arte" deste segmento a través dos seus propios protagonistas activos
  • Poñer en interacción a todas as experiencias activas actuais neste campo
  • Presentar os argumentos científicos/agronómicos que avalan a utilización do compost como substrato, emenda ou fertilizante natural e ecolóxico
  • Presentar as experiencias que se están a xestar en diferentes lugares dentro deste ámbito

DIRIXIDO A

  • Emprendedores/as, empresarios/as e autónomos/as interesados na economía circular e na mellora da xestión dos biorresiduos derivados da súa actividade agrícola ou gandeira
  • Persoal técnico de distintas administracións locais vinculadas á planificación e xestión municipal
  • Responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais
  • Responsables da xestión e tratamento dos residuos procedentes da agricultura e gandaría
  • Responsables das administracións provinciais e autonómicas
  • Actores implicados na xestión dos biorresiduos en xeral
  • Público interesado en xeral

INSCRICIÓN

ORGANIZA