Nova reunión do Revitaliza para explicar as illas de reciclaxe integral de Vilaboa

Será o domingo ás 12.15 no clube de xubilados de Santa Cristina de Cobres e están citadas as titulares de 200 viviendas da contorna


06 marzo 2020
Illas de reciclaxe

O persoal técnico do Plan Revitaliza vai celebrar este domingo un novo encontro coa veciñanza de Vilaboa para dar a coñecer as novas illas de reciclaxe integral que se están a instalar no municipio e que incluirán, entre outros depósitos de recollida de lixo, depósitos de estrutúrante para utilizar nos composteiros individuais.

Neste caso, o encontro será ás 12.15 horas no clube de xubilados de Santa Cristina de Cobres (preto da igrexa parroquial) e están convocadas e convocados as titulares de 200 vivendas da contorna dos lugares de Mangueiro, Larache e Barciela.

Hai que lembrar que Plan Revitaliza da Deputación terá parte protagonista nas novas 15 illas de reciclaxe integrais que se habilitarán no Concello de Vilaboa. Dado que a compostaxe está xa moi estendida no municipio, estes puntos, ademais de ser lugares de referencia para depositar as diferentes fraccións dos residuos domiciliarios (envases lixeiros, vidro, papel, roupa, aceites, pilas e outros materiais que se recollerán cun punto limpo móbil), contarán tamén cun depósito de estrutúrante no que as persoas usuarias dos 1.200 composteiros individuais repartidos na vila poidan coller o material leñoso co que mesturar os seus biorresiduos para compostalos.

O persoal técnico do Revitaliza lembra que no proceso da compostaxe precísanse materiais vexetais secos, preferentemente leñosos, triturados ou partidos, que se deben mesturar cos biorresiduos húmidos -restos de comida e vexetais verdes- para conseguir o compost final.