Centros de ensino

A escola, nenos e nenas e xente moza son un dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre escolares supón actuar nas escolas para concienciar na necesidade de tratar o lixo de xeito sostible e formar aos escolares no respecto ao Medio Ambiente.

Para a difusión do Plan Revitaliza entre colexios e institutos da provincia a Deputación e o Centro de Investigación e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) teñen un convenio de colaboración grazas ao que catro empresas cooperativas de traballo ambiental encargaranse de realizar charlas, xornadas de formación do profesorado, exposicións, obradoiros e tamén congresos sobre compostaxe.

O obxectivo é alcanzar o maior número de centros posible tanto públicos como privados e a todos os municipios da provincia, xa estean adheridos ao Plan Revitaliza ou non.