Persoal Técnico

O Plan Revitaliza da Deputación conta cun plantel propio formado por seis técnicos e técnicas de residuos especializados en compostaxe e dous técnicos económicos, que son os responsables de asesorar aos concellos da provincia e redactar os plans municipais de residuos para aplicar a compostaxe como sistema de xestión do lixo en cada municipio.

As mestras e mestres composteiros (MECOS) son o persoal que, no día a día, vixía que a compostaxe se faga correctamente nos centros de compostaxe comunitaria (CCC) e que asesoran aos usuarios e usuarias de composteiros individuais.

Nos CCC controlan que as proporcións de lixo orgánico e estruturante son correctas, vixían a humidade, a temperatura e a aireación no proceso de produción do compost e corrixen aquilo que non funciona; tamén resolven calquera dúbida dos veciños e veciñas. Actualmente a Deputación conta con 12 mestras e mestres composteiros no seu plantel propio como funcionarios interinos, e tamén 40 bolseiros.

Todos eles teñen unha licenciatura ou doutoramento e foron seleccionados en diferentes exames sobre materias tales como bioloxía, química e bioquímica, conservación do medio, efectos dos residuos e lexislación específica a nivel local, autonómico, estatal e europeo.

Ademais do persoal propio, o Plan Revitaliza tamén conta con colaboración externa da asociación Amigos da Terra, colectivo que se encarga de asesorar e controlar o funcionamento dos composteiros individuais no municipio de Vilaboa, O Grove, Mondariz e Mondariz Balneario. A asociación Adega realiza o labor de asesoramento e vixilancia no concello de As Neves. Tamén se está a traballar en colaboracións con outras asociacións noutros municipios.

Os contactos para resolver dúbidas son:

  • Plan Revitaliza Deputación: 886 210 600 / revitaliza@revitaliza.gal
  • Concellos de Vilaboa e O Grove. Técnico Amigos da Terra: 611088917
  • Concellos de Mondariz e Mondariz Balneario. Técnicas de Amigos da Terra: 611064771/611063186
  • Concello de As Neves. Técnico de Adega: 698139913

Facultade da compostaxe

Ter un plantel de persoal cualificado para atender os centros de compostaxe foi un dos principais obxectivos da Deputación ao poñer en marcha o Plan Revitaliza. O bo funcionamento do plan provincial está baseado, principalmente, na rigorosidade e control dos centros de compostaxe comunitario, dos composteiros individuais e das futuras plantas comarcais.

Debido á escaseza de persoal formado especificamente na materia, a Deputación puxo en marcha un curso de formación denominado ‘Facultade da Compostaxe' que a día de hoxe está xa consolidado como un título propio da Universidade de Vigo.

O alumnado da ‘Facultade da compostaxe' pasa por varios exames para poder acceder á formación práctica e teórica. Entre o profesorado destacan expertos recoñecidos que traballan no sector tanto no país, no estado como no estranxeiro, así como tamén profesores universitarios que imparten clases maxistrais.

Bolsas para ser mestra e mestre composteiro

Interinidades

 

Convocatorias finalizadas