Compost

Que é?

O compost é un fertilizante natural para a terra que se obtén da degradación de restos de comida e vexetais misturados con materiais leñosos e secos que funcionan como estruturante. No caso do Plan Revitaliza, é un proceso aeróbico (con aire) que se realiza nos composteiros individuais, comunitarios e plantas comarcais.

Propiedades do compost

Propiedades químicas

Propiedades químicas

Aumenta a dispoñibilidade de nitróxeno ( N), fósforo ( P), potasio ( K), ferro (Fe) e xofre ( S).

Incrementa a eficiencia de fertilización.

Estabiliza a reacción do chan ( pH) (o seu índice de acidez).

Aumenta os macronutrintes e micronutrintes.

Inactiva os residuos de praguicidas debido á súa capacidade de absorción.

Inhibe o crecemento de fungos e bacterias que afectan as plantas.

Propiedades físicas

Propiedades físicas

Incentiva a actividade microbiana.

Actúa como soporte e alimento dos microorganismos.

Incrementa a capacidade de retención de humidade.

Retén enerxía calorífica.

Mellora a porosidade, permeabilidade e aireación do chan.

Permite unha maior esponxosidade e retención de auga.

Propiedades biolóxicas

Propiedades biolóxicas

Reduce a erosión do chan.

Incrementa a capacidade de retención de humidade.

Usos do compost

O compost ten diferentes aplicacións en función do seu grao de madurez e do tipo de cultivo ao que se destina. A época máis axeitada para aplicalo é a primavera e o outono, xa que o chan está máis quente e a aportación de compost favorece a actividade dos microorganismos e o desenvolvemento das plantas.

O ‘compost' fresco é o que tivo un período de madurez curto e no que se aprecia aínda material sen descompoñer. Úsase principalmente como protección fronte ante os cambios de temperatura e de humidade, en especial fronte a xeadas. Ademais mellora as características do chan e evita a aparición de malas herbas.

O compost maduro distínguese pola súa textura terrosa, a súa cor escura e o seu cheiro a bosque. O seu uso principal é como fertilizante en cultivos, xardíns ou plantas domésticas.

 

No xardín

No xardín

Distribúe o compost durante dúas semanas apenas comezada a primavera (entre 0,5 e catro quilos por metro cadrado). Despois de sementa e pon aos costados dos cultivos un pouco de compost durante a etapa de crecemento para unha lenta subministración de nutrientes.

Plantas domésticas

Plantas domésticas

Mestura un 20% de compost con terra na maceta.

Pon unha capa de 10 centímetros de espesor de compost ao redor das plantas perennes no outono.

Té de compost. Agrega varios puñados de compost en 20 litros de auga e déixao así un par de días. Mestúrao diariamente. Dilúe o líquido ata que pareza un té negro e utilízao para alimentar ás plantas, árbores e xardíns.

Calidade das analíticas