Compost
Que é?
O compost é un fertilizante natural para a terra que se obtén da degradación de restos de comida e vexetais misturados con materiais leñosos e secos que funcionan como estruturante. No caso do Plan Revitaliza, é un proceso aeróbico (con aire) que se realiza nos composteiros individuais, comunitarios e plantas comarcais.
Propiedades do compost
Usos do compost
O compost ten diferentes aplicacións en función do seu grao de madurez e do tipo de cultivo ao que se destina. A época máis axeitada para aplicalo é a primavera e o outono, xa que o chan está máis quente e a aportación de compost favorece a actividade dos microorganismos e o desenvolvemento das plantas.
O ‘compost' fresco é o que tivo un período de madurez curto e no que se aprecia aínda material sen descompoñer. Úsase principalmente como protección fronte ante os cambios de temperatura e de humidade, en especial fronte a xeadas. Ademais mellora as características do chan e evita a aparición de malas herbas.
O compost maduro distínguese pola súa textura terrosa, a súa cor escura e o seu cheiro a bosque. O seu uso principal é como fertilizante en cultivos, xardíns ou plantas domésticas.