Compost

Que é?

O compost é un fertilizante natural para a terra que se obtén da degradación de restos de comida e vexetais misturados con materiais leñosos e secos que funcionan como estruturante. No caso do Plan Revitaliza, é un proceso aeróbico (con aire) que se realiza nos composteiros individuais, comunitarios e plantas comarcais.

Propiedades do compost

Propiedades químicas

Propiedades químicas

Aumenta a dispoñibilidade de nitróxeno ( N), fósforo ( P), potasio ( K), ferro (Fe) e xofre ( S).

Incrementa a eficiencia de fertilización.

Estabiliza a reacción do chan ( pH) (o seu índice de acidez).

Aumenta os macronutrintes e micronutrintes.

Inactiva os residuos de praguicidas debido á súa capacidade de absorción.

Inhibe o crecemento de fungos e bacterias que afectan as plantas.

Propiedades físicas

Propiedades físicas

Incentiva a actividade microbiana.

Actúa como soporte e alimento dos microorganismos.

Incrementa a capacidade de retención de humidade.

Retén enerxía calorífica.

Mellora a porosidade, permeabilidade e aireación do chan.

Permite unha maior esponxosidade e retención de auga.

Propiedades biolóxicas

Propiedades biolóxicas

Reduce la erosión del suelo

Incrementa la capacidad de retención de humedad

Usos do compost

O compost ten diferentes aplicacións en función do seu grao de madurez e do tipo de cultivo ao que se destina. A época máis axeitada para aplicalo é a primavera e o outono, xa que o chan está máis quente e a aportación de compost favorece a actividade dos microorganismos e o desenvolvemento das plantas.

O ‘compost' fresco é o que tivo un período de madurez curto e no que se aprecia aínda material sen descompoñer. Úsase principalmente como protección fronte ante os cambios de temperatura e de humidade, en especial fronte a xeadas. Ademais mellora as características do chan e evita a aparición de malas herbas.

O compost maduro distínguese pola súa textura terrosa, a súa cor escura e o seu cheiro a bosque. O seu uso principal é como fertilizante en cultivos, xardíns ou plantas domésticas.

 

Calidade das analíticas